Comprométete Contacto
Logo
  • Compromiso
    • Saúdo do secretario xeral
    • Comisión executiva nacional
    • Consello Nacional
  • Bases Políticas
    • Documentos
    • Propostas políticas
    • Programas
  • Actualidade
  • Media
    • Galerías de fotos
    • Videos
  • 2º Congreso Nacional
    • Candidaturas ao CPN
    • Candidatura á Secretaría Xeral
    • Outros datos do Congreso
Logo
  • Compromiso
    • Saúdo do secretario xeral
    • Comisión executiva nacional
    • Consello Nacional
  • Bases Políticas
    • Documentos
    • Propostas políticas
    • Programas
  • Actualidade
  • Media
    • Galerías de fotos
    • Videos
  • 2º Congreso Nacional
    • Candidaturas ao CPN
    • Candidatura á Secretaría Xeral
    • Outros datos do Congreso
Inicio / Actualidade / Artigos de opinión / A VIRADEIRA: APUNTAMENTOS PARA DESPOIS DOS LUMES. Eloi Villada Legaspi
A VIRADEIRA: APUNTAMENTOS PARA DESPOIS DOS LUMES. Eloi Villada Legaspi

A VIRADEIRA: APUNTAMENTOS PARA DESPOIS DOS LUMES. Eloi Villada Legaspi

  •   06/11/2017
  •   Artigos de opinión

A VIRADEIRA: APUNTAMENTOS PARA DESPOIS DOS LUMES

As causas dos devastadores lumes que queimaron o nos país nestes días e tamén en anos e décadas anteriores están explicitadas dabondo nos numerosos artigos publicados nos medios de comunicación, por tanto reiteralos non tería ningún sentido pola miña parte. Só quero mostrar claramente que as explicacións e condolencias do Sr. Presidente da Xunta parecéronme decepcionantes e sen propósito de emenda. Por tanto, seguiremos a ter un grave problema mentres o grupo de persoas que xestionan o medio rural galego sigan á fronte do mesmo. As situacións climáticas singulares que comezamos a padecer deixarán de selo; de feito, xa o deixaron por mor da mudanza climática que afecta a todo o planeta.

A redución da biomasa

O monte galego arde de xeito tan virulento porque a biomasa combustible (mato, toxo, xestas, silvas, fentos,…) acumúlase anualmente, acadando niveis inmanexables. Como consecuencia, o combustible acumulado é a “gasolina” que só está esperando a ignición. Esa é a razón do fracaso sistema de loita contra os incendios.

Sobre este tema convén reler os documentados traballos científicos publicados, entre nós, desde os anos 80 do século pasado ata a actualidade, polos enxeñeiros Francisco Sineiro e Antonio Rigueiro, o biólogo Fco. Javier Silva Pando, os seus colaboradores e outros expertos. A nivel mundial, as achegas existentes sobre o tema é extensa e de grande utilidade. Está bastante claro que só será posible reducir a incidencia, a frecuencia e a virulencia dos lumes se se adoptan medidas para reducir o combustible.

Tamén convén salientar que, no caso galego, existe unha correlación directa entre a carga gandeira de bovinos e a incidencia de lumes forestais, apreciándose unha clara diferenza entre as comarcas máis gandeiras -as do norte- fronte ás do sur. Os métodos recomendados para reducir a biomasa combustible son variados e van desde a aplicación de herbicidas para matar a vexetación do sotobosque, (empregouse moito nos EUA e mesmo en España, pero é un método caro e ambientalmente non sostible), ao desbroce mecánico. A roza mecánica é unha opción posible pero tamén é cara e de difícil aplicación en terreos pendentes. O control manual está limitado a pequenas superficies, polo que só a recuperación dos case esquecidos sistemas de pastoreo ou silvopastoreo reúnen os necesarios requisitos de sostibilidade económica e ambiental.

 A volta aos sistemas de silvopastoreo

 Os sistemas de pastoreo aínda resisten en determinadas bisbarras de Galicia e mesmo hai rapaces novos que están a traballar con autosatisfacción co gando en sistemas extensivos. Saben o que fan e vailles bastante ben. Infelizmente, son poucos pero poderían ser moitos máis.

O primeiro paso, esencial para recuperarmos o pastoreo, é manter o que xa temos e procurar, paseniñamente, que haxa novos gandeiros ou candidatos a selo. Para logralo é necesario facilitar o acceso á terra de persoas formadas ou en fase de formación (estudantes de escolas agrarias, enxeñaría, veterinaria, etc.), lograr financiamento para os seus proxectos de incorporación aos sistemas agro-silvo-pastorís, habilitar métodos de aceso aos pagamentos da PAC e servizos axeitados no medio rural.

Unha cuarta parte da superficie galega está ocupada por Montes Veciñais en Man Común (MVMC), dos que moitos especuladores que están á espreita de posibles medidas políticas que eliminen a súa inalienabilidade (imposibilidade de privatización). Estas superficies poderían ser a base ideal para instalación de novos proxectos de pastoreo (xa o están sendo para viñedos, invernadoiros – en Pacios, Begonte- e tamén se teñen consolidado proxectos gandeiros moi importantes (Abadín, Friol, Cervantes, etc.).

Unha parte da superficie queimada corresponde con estas superficies sen gando, mais afortunadamente estase a dar unha nova conciencia de defensa e recuperación de actividades destas comunidades. Neste aspecto, cómpre salientar a reunión convocada pola comunidade de Riocaldo (Lobios), unha das máis afectadas de Galicia, para o vindeiro 4 de Novembro coa pretensión de actuar xa de cara a iniciar a recuperación actividades gandeiras para reducir o combustible natural.

 Un desafío para a PAC

Actualmente estanse a discutir en Bruxelas as medidas a adoptar de cara á reforma da PAC para o período 2020-2027, sendo os temas esenciais de discusión a renovación xeracional, a agricultura de precisión, as aldeas intelixentes e a definición de agricultor activo. Todo iso ten interese e debe resultar atractivo para os nosos posibles futuros xestores do medio rural, pero pagaría a pena que a nivel galego e portugués houbese presión para introducirmos nas discusións o tema dos incendios e lograr que se facilitasen medidas persistentes de control dos mesmos.

Ao actual goberno galego, de xeito inmediato, habería que pedirlle que, polo menos, aplicase as leis que están en vigor, que non pechase os ollos diante das plantacións ilegais e da destrución dos bosques de frondosas para os substituír por eucaliptais e, sobre todo, que escoitase a voz da sociedade e non exclusivamente a das partes interesadas na industria do papel e, secundariamente, na do lume.

Os incendios terán solución se se actúa xa, pero sen improvisar e escoitando as partes de cara ao medio e longo prazo. O proceso de destrución do rural leva máis de 50 anos e levantar outro que sexa equilibrado e eficiente non pode nin vai ser cousa de pouco tempo.

O montes comunais poderían ser a base ideal para instalación de novos proxectos de pastoreo

Pagaría a pena que galegos e portugueses presionasen para introducir o tema dos lumes no debate da nova PAC.

Eloi Villada Legaspi

Categorías

  • Novas (152)
  • Artigos de opinión (50)

Últimas publicacións

O TAXI, UN SERVIZO VINCULADO AO BENESTAR DA XENTE, POR TANTO UN BEN QUE TEN A SÚA VERTENTE PÚBLICA

O TAXI, UN SERVIZO VINCULADO AO BENESTAR DA XENTE, POR TANTO UN BEN QUE TEN A SÚA VERTENTE PÚBLICA

06/11/2017
CxG presenta propostas a ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE AUTOESCOLAS de Pontevedra, como cuestións necesarias e útiles para unha serie de melloras viais

CxG presenta propostas a ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE AUTOESCOLAS de Pontevedra, como cuestións necesarias e útiles para unha serie de melloras viais

06/11/2017
CxG PIDE PÚBLICAMENTE QUE LÓPEZ VEIGA SEXA CESADO NA PRESIDENCIA DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

CxG PIDE PÚBLICAMENTE QUE LÓPEZ VEIGA SEXA CESADO NA PRESIDENCIA DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

06/11/2017

Sobre nós

O 16 de decembro de 2012 tivo lugar o Congreso Constituínte de Compromiso por Galicia, onde decidimos constituírnos nun partido político galeguista, progresista e socialdemócrata de adscrición individual, cun proxecto unitario en base a un programa común de defensa do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia.

Menú

  • Inicio
  • Compromiso
  • Bases Políticas
  • Actualidade
  • Media

Artigos de opinión

QUEM É O ALFREDO BRANHAS
OS LIBROS ARDEN MAL.- JUAN CARLOS PIÑEIRO DOCAMPO
Intervención de César Ramos, concelleiro de CxG no concello da Baña, na homenaxe a Castelao en Rianxo o día 27 de xaneiro
Unha pregunta incómoda: Pasará algunha vez o Franquismo?

Suscríbete ó noso boletín de novas

Copyright 2018 © Todos os dereitos reservados
✖
Empregamos cookies e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, oo ben coñecer como cambiar a configuración, na nosa Política de cookies