
CxG presenta propostas a ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE AUTOESCOLAS de Pontevedra, como cuestións necesarias e útiles para unha serie de melloras viais
- 13/04/2018
- Novas
(pe de Foto) de esda. para dereita Alberto Buballo, Dani Lago, Xoán Cortés e Piñeiro Docampo
Son precisas ás tranferencias de tráfico e formación vial para propostas concretas propias de Galicia
Necesidade de trasladar a educación e formación viária ao eido educativo dirixida por técnicos na materia, non por policías locais como acontece na maior parte dos concellos, sendo os polícias locais necesarios en labouras de apoio e complementarias a educación vial ten que ser de calidade e por tanto de técnicos, pasando estés a depender de educación e non de tráfico.
Reunión con Alberto Bugallo, presidente da Asociación Provincial de Autoescolas de Pontevedra, na que tratamos varios temas referentes sobre todo á seguridade viaria e as especifidades propias ao noso territorio: dispersión xeográfica, rede de estradas, condicións climáticas, que fan precisa unha acción política propia en Galicia, non estandarizada e centralizada.
Segundo indicou Piñeiro Docampo, unha das posibles medidas estaría en baixar a idade de permiso de conducir aos 16 anos, idade de incorporación legal ó mercado laboral. CxG entende que o permiso de conducir é en Galicia unha necesidade para o traballo, no que xeneralmente temos moitos deprazamentos. E o mapar de transportes da Xunta non cubre esta necesidade. Este permiso estaría adecuado a un axuste curricular necesario para a incorporación ao mercado laboral e un itinerario profesional para o que xunta dotaría de orientadores ás autoescolas, axudando enormement a un sector en crise.
É dicir tratándose dunha poboación cunhas condicións especiais, tamén require de medidas excepcionais, máis por selo non se pode mirar para outra banda, senón regulando con rigorosidade para o cal precisamos as transferencias materia.
Por último falouse do futuro do sector e a súa adaptación ás novas tecnoloxías un reto no que CxG opina que a Xunta ten que investir en I+D+I.