Comprométete Contacto
Logo
  • Compromiso
    • Saúdo do Secretario Xeral
    • Comisión executiva nacional
    • Consello Nacional
  • Bases Políticas
    • Propostas políticas
    • Programas
  • Actualidade
  • Media
    • Galería de fotos
    • Videos
  • Municipais-Europeas 19
    • Proceso de Primarias
    • Candidaturas Concellos
    • Fórmulas de colaboración económica
  • COMPRO~Loxa
Logo
  • Compromiso
    • Saúdo do Secretario Xeral
    • Comisión executiva nacional
    • Consello Nacional
  • Bases Políticas
    • Propostas políticas
    • Programas
  • Actualidade
  • Media
    • Galería de fotos
    • Videos
  • Municipais-Europeas 19
    • Proceso de Primarias
    • Candidaturas Concellos
    • Fórmulas de colaboración económica
  • COMPRO~Loxa
Inicio / Actualidade / Novas / CxG PRESENTARÁ NO PARLAMENTO DE GALICIA UNHA PETICIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LEI CONTRA O MALTRATO Á TERCEIRA IDADE.
CxG PRESENTARÁ NO PARLAMENTO DE GALICIA UNHA PETICIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LEI CONTRA O MALTRATO Á TERCEIRA IDADE.

CxG PRESENTARÁ NO PARLAMENTO DE GALICIA UNHA PETICIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LEI CONTRA O MALTRATO Á TERCEIRA IDADE.

  •   05/02/2019
  •   Novas

CxG PEDIRA NO PARLAMENTO GALEGO A CREACIÓN DUNHA LEI CONTRA O MALTRATO Á TERCEIRA IDADE.

O SECRETARIO XERAL JUAN CARLOS PIÑEIRO, ANUNCIA A PRESENTACIÓN NO PARLAMENTO DE GALICIA DA PETICIÓN DESTA INICIATIVA PARA QUE A MESA DA CÁMARA TOME EN CONSIDERACIÓN.

Para os galeguistas o maltrato que a 3ª idade está a sofrer, desde psicolóxico, físico, abandono, sexual ou patrimonial precisa de medidas lexislativas para frear un problema que aumenta a cada ano.

Segundo Compromiso por Galicia tanto no eido intrafamiliar como por parte de persoas coidadoras os nosos vellos sofren casos de maltratos, que na maior parte das veces, nunca chegan a denunciarse. Os problemas da 3ª idade xa coñecidos de exclusión social e marxinalidade, temos visto nas últimas décadas o crecemento do problema do maltrato.

É preciso que a Xunta promova e dote os medios necesarios para levar adiante unha lei galega que axude a informar e a concienciar á sociedade sobre un tema no que existe unha escasa ou case que nula visibilidade social.

Galicia conta cunhas das rentas de xubilación mais baixas a nível do estado, o que afonda o problema de exclusión e marxinalidade e de discriminación dos nosos maiores. Ainda que a visibilización é mais evidente no medio urbano, quizais é no medio rural onde estas situacións pasanse mais por alto debido ao tabú do tema e no que os propios anciáns autoexcluense e culpabilizanse da sua situación, agravada xeralmente pola perda de autonomia e independencia que conleva o seu estado de saúde. A invisibilidade do maltrato acentuase en Galicia, polo que é necesaria unha lei galega para tratar este tema.
Juan Carlos Piñeiro: “Desde a OMS apuntan á necesidade de lexislar sobre o maltrato ás persoas maiores xa que é un problema de saúde pública e da sociedade.”

Temos que visibilizar este problema, moitas veces detectados polos profesionais de atención primaria, que ainda que contan cunha guia de boas prácticas, non teñen da sua man os medios legais para poder actuar sobre estes casos. É por iso preciso, que no fondo de dar visibilidade social a este problema, como no de dar medios físicos e legais para actuar neste ámbito aos profesionais sanitarios e de políticas socias, asi, como finalmente, para a dotación orzamentaria correspondente, a creación dunha Lei Galega contra o maltrato ás persoas maiores.

 

 

Categorías

  • Novas (200)
  • Artigos de opinión (66)

Últimas publicacións

Marca Galicia

Marca Galicia

05/02/2019
AVANZAMOS PARA A ROGA GALEGA

AVANZAMOS PARA A ROGA GALEGA

05/02/2019
Nunca un froito deu tanto que falar.

Nunca un froito deu tanto que falar.

05/02/2019

Sobre nós

O 16 de decembro de 2012 tivo lugar o Congreso Constituínte de Compromiso por Galicia, onde decidimos constituírnos nun partido político galeguista, progresista e socialdemócrata de adscrición individual, cun proxecto unitario en base a un programa común de defensa do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia.

Menú

  • Inicio
  • Compromiso
  • Bases Políticas
  • Actualidade

Artigos de opinión

Marca Galicia
Nunca un froito deu tanto que falar.
A “UBERIZAÇÃO”
UH, VAIA LÍO OS AMIGOS DE MIS AMIGAS SON OS MEUS AMIGOS

Suscríbete ó noso boletín de novas

Copyright 2019 © Todos os dereitos reservados
✖
Empregamos cookies e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, oo ben coñecer como cambiar a configuración, na nosa Política de cookies