Como podes colaborar

Axúdanos a formar parte de este proxecto
+

Faite afiliado de CxG

Compromiso por Galicia non é un partido convencional máis. É un proxecto de iniciativa cidadá, aberto e participativo.
Unha nova forza radicalmente democrática, transparente e que se guía por un código ético esctricto.
CxG é unha organización de adscripción individual, sen  grupos de poder internos, onde a túa voz sempre conta e podes opinar, decidir, elixir e ser elixido/a libremente.
As túas ideas e achegas axudan a facer de Compromiso por Galicia a mellor ferramenta política galeguista, social e de progreso. Sempre coa defensa dos intereses do noso país e coa súa cidadanía como razón de ser.

Afiliate
+

Colabora con nós.

Hai moitas formas de colaborar con Compromiso, e para buscar a máis axeitada ás túas posibilides envía os teus datos na ficha anexa indicando de que maneira poderías colaborar na acción política.

Colabora
+

Fainos unha doazón.

A actividade política require, a parte do esforzo e colaboración de moitas persoas,  en moitos casos de forma voluntaria e altruísta, pero ao mesmo tempo é necesaria a disposición de locais e persoal cualificado para as funcións propias de administración e xestión, isto require de orzamentos axeitados. É polo que calquera axuda por moi pequecha que sexa resulte de gran importancia para Compromiso. As doazóns poden realizarse de diferentes xeitos, comproba no enlace contiguo a formula máis cómoda para ti.

Dona