Unha organización política galeguista, progresista e socialdemócrata.
Compromiso por Galicia (CxG) é unha organización política que se define como galeguista, progresista e socialdemócrata, de base plural, comprometida coa xustiza e a igualdade, e que se marca como obxectivos principais a defensa dos intereses colectivos de Galicia, da súa identidade e dos seus dereitos, así como a transformación da súa realidade económica, social e cultural, para conseguir o desenvolvemento integral do noso pobo.
QUEN SOMOS, COMO NOS ORGANIZAMOS
O noso código ético:
Compromiso por Galicia desmárcase do vixente modelo de partido político, caracterizado por unhas férreas estruturas internas, anti-meritocráticas por natureza, onde aprima a lealdade e a afinidade por enriba da capacidade de xestión e obtención de resultados, de innovación e achega de ideas.
Compromiso por Galicia é unha forza nova e independente das elites negrlixentes cando non corruptas, suxeitas a intereses partidistas particulares que expropiaron o poder da cidadanía galega e aspiran a centralizar este noutros puntos de decisiión. Polo tanto, Compromiso por Galicia comprométese cos cidadáns descontentos co actual sistema de partidos, abrindo as súas estruturas como ben demostra o proceso democrático de primarias abertas á cidadanía para a elección dos seus candidatos ás eleccións nacionais.
Compromiso por Galicia é un partido permeable ao servizo dos galegos, que rende contas á sociedade civil e partidario a limitación de mandatos. Comprométese a rexirse por un código deontolóxico de praxe política, e a asumir normas éticas que recollas as obrigacións e deberes dos membros de Compromiso po Galicia no exercicio das súas responsabilidades políticas e públicas, damarcándose das vellas prácticas políticas, e afianzando aínda máis o seu compromiso coa cidadanía galega. Nese código conténmplase:
- Implantación de listas brancas: exlucsión de imputados en casos sucidiais nas listas electorais (sen cuestionar a presunción de inocencia).
- Cesamento inmediato de cargos públicos imputados (sen cuestionar, obviamente, a presunción de inocencia).
- Limitación legal de mandatos: límite máximo de dous mandatos para un mesmo cargo.
- Endurecemento do réxime de incompatibilidades: non acumulación de cargos públicos, ou de compatibilidade coas actividades privadas.
- Referendo dos cargos electos á metade de mandato, aberto á cidadanía.
- Limitación legal no número de asesores dos cargos públicos e transparencia nas contratacións destes. Debe existir un rigoroso control desas contratacións por parte do parlamento ou o pleno municipal.
- Publicación periódica anual das declaracións de bens e de gastos / ingresos dos cargos públicos.